Pensa: os movementos da TerraOnline version Preguntas de razoamento sobre os efectos dos movementos da Terra. by Iciar Barreras 1 Que ocorrería se no planeta non existise o movemento de rotación? a Nunha parte do planeta sería sempre de día e na outra sempre de noite. b Os días durarían 365 días e 6 horas. c Non existirían os anos bisiestos. 2 En que sentido xira a Terra sobre si mesma? a O sentido da rotación terrestre varía segunda a estación. b No sentido das agullas do reloxo, é dicir, cara o oeste. c No sentido contrario ás agullas do reloxo, é dicir, cara o leste. 3 Onde haberá máis diferenza na duración do día e da noite ao longo do ano, preto dos polos ou preto do ecuador? a Preto dos polos b Preto do ecuador c Non hai diferenza d Depende da época do ano 4 Cando é verán no hemisferio norte... a este hemisferio está máis preto do Sol, por iso é verán. b este hemisferio recibe a luz do Sol de forma máis directa e os días duran máis. c é outono no hemisferio sur d tamén e verán no hemisferio sur. 5 Por que o movemento de rotación orixina o día e a noite? a Porque os raios solares iluminan toda a superficie da Terra ao mesmo tempo. b Non é así, o movemento de rotación provoca os cambios de estación. c Porque cada 12 horas a Lúa impide que os raios solares cheguen á Terra d Porque os raios solares non iluminan toda a superficie da Terra ao mesmo tempo, cando unha zona está iluminada , a oposta permanece na escuridade.