ADIVIÑAS OUTONO - Educación PrimariaOnline version Adiviñas de outono by Moita Lingua 1 Redondiña redondiña, pódese comer crúa, asada ou cocidiña. Quen son? 2 Caen e caen sen parar e non deixan de bailar. Quen somos? 3 Son redondiña e laranxa, no Samaín verasme, con cara divertida adoitan iluminarme. Quen son? 4 Do carballo son o froito e pequena me verás, cun gorriño marrón estou cuberta. Quen son? 5 Saio en outono e o bosque encho. Saberás quen son polo meu sombreiro. Quen son?