Responde as seguintes preguntasOnline version Canto sabes sobre saúde mental? Ponte a proba co seguinte test! by FEAFES Galicia 1 Cantas persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental hai en Galicia? a Arredor de 10.000 b Arredor de 55.000 c Arredor de 1.000 d Arredor de 15.000 2 As persoas con esquizofrenia sempre consumen drogas? a Si, xa que é o consumo de drogas o que provoca a enfermidade b Non necesariamente, pero algunhas si c O consumo de drogas e a esquizofrenia non teñen nada que ver d Depende do tipo de esquizofrenia que teña a persoa 3 As enfermidades mentais provocan discapacidade intelectual? a Non, non existe relación causal entre as dúas cousas b Enfermidade mental e discapacidade intelectual son o mesmo c Si, cando alguén ten unha enfermidade mental, sempre desenvolve unha discapacidade intelectual d Depende do caso 4 As persoas con enfermidade mental poden traballar? a Si, pero só poden facer algúns traballos b Si, hai persoas con problemas de saúde mental que traballan en diversos ámbitos c Si, pero sempre precisan apoios d Non, nunca 5 Na infancia e na adolescencia existen problemas de saúde mental? a Si, hai nenos con problemas de saúde mental de nacemento b Si, xa que 3 de cada 4 persoas desenvolven a enfermidade antes dos 25 anos c Si pero non é o máis habitual, xa que 3 de cada cada 4 persoas desenvolven a enfermidade despois dos 25 anos d Non, as enfermidades mentais sempre aparecen en idade adulta