Icon New game New game

Mulleres históricas de España

Slideshow

Convidámosvos a coñecer a estas mulleres españolas que marcaron a nosa historia. Adiante!

Download the paper version to play

Recommended age: 11 years old
10 times made

Created by

Spain

Top 10 results

  1. 1
    00:07
    time
    100
    score
Do you want to stay in the Top 10 of this game? to identify yourself.
Make your own free game from our game creator
Compete against your friends to see who gets the best score in this game

Top Games

  1. time
    score
  1. time
    score
time
score
time
score
 
game-icon

Mulleres históricas de EspañaOnline version

Convidámosvos a coñecer a estas mulleres españolas que marcaron a nosa historia. Adiante!

by Xurxo Varela
1

FEDERICA MONTSENY

Federica Montseny foi unha política e sindicalista española, ministra durante a II República. Foi moi polifacética: poetisa, escritora, ensaísta...Pasou á historia por ser a primeira muller ministra da Europa Occidental.

2

CLARA CAMPOAMOR

Clara Campoamor adicouse principalmente á política. Foi unha grande activista dos dereitos da muller dende o seu escano como deputada. A ela debémoslle o sufraxio universal, grazas ao cal homes e mulleres poden exercer o dereito a voto. Conseguiuse o 1 de outubro do 1931, na Segunda República.

3

MARIANA PINEDA

A muller da esquerda é Mariana Pineda. Nada en Granada, foi unha muller liberal española do século XIX, executada aos 27 anos durante o periodo da Restauración. Denominouse "a heroína granadina". 

4

MARÍA ZAMBRANO

María Zambrano Alarcón, malagueña, foi filósofa, ensaísta, poeta e escritora. É considerada a discípula do popular filósofo Ortega y Gasset, unha das poucas mulleres que figuraron nos círculos intelectuais masculinos, sempre defendendo a voz feminina e o dereito da muller á opinión.

5

DOLORES IBÁRRURI

Tamén coñecida como A Pasionaria, Dolores Ibárruri foi unha política española durante a II República e a Guerra Civil. Loitou activamente polos dereitos das mulleres, mais os seus discursos eran moi fortes e totalmente en contra das ideas vixentes na época, polo que foi varias veces encarcerada.

6

VICTORIA KENT

Á dereita temos unha imaxe de Victoria Kent. Foi unha política republicana, primeira muller en ingresar no Colexio de Avogados de Madrid, no ano 1925, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera. Tamén foi a segunda española en exercer como avogada ante un tribunal. 

educaplay suscripción