PasapalabraOnline version Escribe a resposta correcta para cada letra. by Lucia Núñez A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Acto de abrazar ou cinguir cos brazos. Comeza por B Establecemento público onde se poden tomar baños de auga con propiedades medicinais ou beber augas medicinais. Comeza por C Profesión de David no noso cole. Comeza por D Pedras preciosas transparentes e moi brillantes que se usan en xoiería Comeza por E Parte dos exercicios que me pon a profe que nunca leo Comeza por F Instrumento musical que tocamos na clase de música con Fran. Comeza por G Mono de estatura e aspecto parecido ao ser humano, vive en África e está en perigo de extinción. Comeza por H O día presente, este día. Comeza por I Porción de terra rodeada de auga por todas partes. Comeza por K Entretemento de orixe xaponesa, que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo. Comeza por L Se non está preto, está... Comeza por M Parte do corpo humano situada no extremo de cada brazo, con cinco dedos, que serve para agarrar Comeza por N Cualificación que os mestres vos poñemos aos alumn@s, nun traballo, nun exame... Comeza por O Mes que vai despois de setembro Comeza por P É a provincia onde vivimos. Contén Q Grupo de persoas unidas para realizar unha tarefa en común. Comeza por R Espazo de tempo entre clases que teñen os nenos no colexio para xogar. Comeza por S Peza de vestir que parte da cintura, á que vai cinguida, e que pode ser máis ou menos longa. Comeza por T Arbusto espiñento con espiñas verdes e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia. Comeza por U Que precisa de atención inmediata, que debe ser feito coa maior rapidez posible. Comeza por V Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo. Comeza por X Nos encerados podemos escribir con este obxecto. Comeza por Z Que emprega a man ou o pé esquerdos para facer o que a maioría da xente fai cos dereitos.