Concellos de GaliciaOnline version Cales son os lugares que se describen? by PROF MBL A B C D E F I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Concello onde todos os anos se celebra o FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS E A FESTA DO BOI Comeza por B Concello onde se atopa o PARQUE DO PASATEMPO onde destacan os seus estanques e grutas subterráneas Comeza por C Lugar de Galicia moi famoso polo rico pan que se elabora. A meirande parte da súa poboación vive do pan que se coce nos seus fornos e que venden por toda Galicia e España Comeza por D Neste Concello desemboca o río Xallas, o único de Europa que desemboca directamente no mar en forma de fervenza Comeza por E Concello onde está o Pazo de Oca. Tamén é o nome do lugar por onde circulan os coches. Comeza por F Lugar onde os ROmanos pensaban que se terminaba o mundo Contén I Aquí atópanse os acantilados máis altos de Europa Comeza por L Aquí atópase A única muralla romana que se conserva enteira Comeza por M Aquí atópase a única estación de esquí de Galicia Contén N Aquí podes visitar as covas do REI CINTOLO, e tamén unha catedral do século XVIII Comeza por O Aquí celébrase o FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA Comeza por P Nesta cidade atópase o Santuario da Peregrina Comeza por Q Neste Municipio está Montefurado, que ten este nome por un túnel que excavaron os romanos nunha montaña para extraer o ouro do río Sil Contén R Este lugar é un labirinto de hórreos e cruceiros xunto a ría. En ningún lugar verás tantos hórreos xuntos. Un dos lugares máis bonitos de Galicia Contén S Aquí naceu Ramón Cabanillas e ten un conxunto histórico-artístico monumental, formado por preciosas plazas e cruceiros declarados ben de Interés Cultural Comeza por T Este lugar ten unha catedrl adicada a Santa María. Tamén ten unha ponte sobre o río Miño que une este lugar con Portugal. Dise que a ponte foi deseñada por Gustaf Eiffel Contén U Nesta cidade atópanse unhas fontes que botan auga a 60º centígrados de temperatura chamadas AS BURGAS Comeza por V Esta localidade está bañada polo río Bibey e en tempos tivo un castelo do que agora só queda a torre do homenaxe. No tempo do Antroido as rúas énchense de coloridos Boteiros, choutando coas súas esquilas Contén X É unha illa termal, onde dende fai moitos anos se fabricaban importantes xabróns Contén Z Este lugar posúe un castelo construido entre finales do século XII e principios do XIII polos Mariño de Lobeira.