Historia da Lingua GalegaOnline version Escolle a resposta máis acertada by Marcos Sarmiento 1 Antes da chegada dos Romanos, os habitantes do Noroeste falaban.. a unha lingua celta porque eran os habitantes dos castros b varias linguas de orixe céltico emparentadas co gaélico e bretón c diversas linguas, posiblemente indoeuropeas e outras preindoeuropeas d o hispáno-caucásico, mediterráneo e nostrático 2 Cando se comeza a falar latín, desaparecen as linguas indíxenas? a Si, no século I a. C. os galaicos aprenderon o latín e deixaron de falar as linguas prerromanas b Si, a latinización foi completa entre o 29 e o 19 a. C. c Non, até varios séculos máis tarde. Posiblemente até finais do Imperio conserváronse linguas indixenas. 3 NOCTE, PLUVIA, FLAGRARE son celtismos? a Non, son de influencia preindoeuropea b si, con concordancias no francés "nuit", "pluie" c non, pero sufriron cambios fonéticos provocados polo substrato celta d Non, son restos de palabras latinas en linguas célticas como o galego. 4 A Galiza actual era coñecida na época romana como Gallaecia? a Non, A Gallaecia era o nome de Galicia xa antes de chegaren os romanos b Si porque do latino Gallaecia procede o actual Galicia ou Galiza. c Non, a Gallaecia era máis grande e chegaba até o Douro polo sur e parte da meseta. d Si, foi oficialmente unha provincia do Imperio Romano no ano 19 a. C. baixo o emperador Octiavio. 5 O latín falado na Gallaecia era un latín moi conservador porque a procedía directamente do Lacio, que é a rexión de Roma b procedía da Tarraconense, vía do comercio con Roma c procedía da Bética, unha zona moi romanizada da que proviñan os colonos d os soldados romanos obrigaban aos galaicos a falar latín culto.