ConcelloOnline version Coñecemos o noso concello by Concello Barreiros A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z Comeza por A Nome da praia que contén unha pena que en tempos remotos albergaba sacrificios como ofrenda aos deuses. Comeza por B Xentilicio do noso concello Comeza por C Monte situado na parroquia de Celeiro de Mariñaos Comeza por D Pequeno mustélido que se pode observar ao pasear polo Santo Estevo do Ermo. Contén E Opérculo alaranxado que se pode encontrar nas nosas praias, di a lenda que dá sorte e amor por un ano. Comeza por F Desnivel brusco do río onde se precipita a auga ao seu paso polo Santo Estevo do Ermo. Contén G Recibe este nome o alto máis elevado do concello de Barreiros. Contén H (2 palabras) Lugar onde lindan os concellos de Barreiros, Trabada e Lourenzá e no que hai restos arqueolóxicos megalíticos. Comeza por I Denominación das casas de emigrantes de Cuba Comeza por J Letra allea ao alfabeto galego, que se emprega só en certas palabras tomadas directamente doutros idiomas. O seu nome é iota. Contén K Xénero musical que inclúe as cancións tradicionais, as inspiradas no folclore e outras orixinais. Con gran presenza en Galicia. Comeza por L Praia do concello onde se practica surf e conta coa denominada pena do Elefante Comeza por M Río que pasa polo concello e desemboca na praia da Anguieira. Comeza por N Coloquialmente nome das árbores incluídas no catálogo galego de árbores senlleiras localizadas no barrio da Cruz en Santiago de Reinante. Comeza por O Número de parroquias que compoñen o concello de Barreiros Comeza por P Deporte que se practica no Monte Comado Contén Q Palabra que compón o nome dunha parroquia costeira do noso concello, onde se sitúa a praia de Fontela - Balea Comeza por R Denominación do xacemento arqueolóxico sito na parroquia de Santiago de Reinante Contén S Nome do lugar onde se sitúa a Capela de Santa Ana. Comeza por T Comida á que se lle dá tributo na Festa do San Caetano de Celeiro de Mariñaos Contén U Casa ou lugar onde se dá pousada ao viaxeiro ou viaxeira que realiza o Camiño de Santiago. Comeza por V Lugar onde se celebra a festa dos callos. Comeza por W Deporte náutico que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa provista dunha vela fixada a un mastro articulado, de habitual práctica nas nosas praias. Contén X (Dúas palabras) Parroquia do interior do concello que celebra unha procesión con 16 figuras de santos e santas Contén Y Palabra empregada na nosa zona para referirse ao almorzo ou á primeira comida do día, que se fai pola mañás. Esta palabra é un castelanismo, unha palabra propia do castelán. Contén Z Concello co que limita Barreiros.