Test sobre xenética.Online version Responde ás seguintes preguntas sobre xenética correctamente. by Santiago Alonso Bernal De Sousa 1 Un xen é... a A manifestación do xenotipo e o seu carácter. b Un fragmento de ADN con información para poder determinar un carácter. c A primeira xeración filial dun cruce entre dous individuos. d A segunda xeración filial dun cruce entre dous individuos. 2 Que significa que un individuo teña "heredanza codominante" a Significa que dous alelos de este se manifestan simultaneamente. b Significa que as características de dous alelos mestúranse e o individuo presenta características intermedias entre ambos proxenitores. c Significa que un individuo homocigótico dominante non pode distinguirse dun espécime heterocigótico. d Significa que un individuo heterocigótico non pode distinguirse dun espécime homocigótico recesivo. 3 Que alelo é recesivo nos grupos sanguíneos? a AB b B c A d 0 4 Os alelos da hemofilia e do daltonismo son dominantes ou recesivos? a Son codominantes. b Son recesivos. c Son dominantes. d Ningunha das anteriores é correcta. 5 Cal será a posible descendencia dun home sen hemofilia e unha muller sa portadora? a Unha muller sa, unha muller sa portadora, un home san e un home hemofílico. b Só homes hemofílicos, unha muller sa e unha muller portadora. c Homes e mulleres hemofílicos soamente. d Homes sans e mulleres hemofílicas. 6 Se un home daltónico ten fillos con unha muller de visión normal heterocigótica, como será a súa descendencia? a Homes daltónicos e mulleres de visión normal. b Mulleres daltónicas e homes de visión normal. c Homes e mulleres de visión normal e daltónicos. d Homes e mulleres só de visión normal.