Literatura medieval e do Rexurdimento.Online version Repasando termos, autores, obras... by Galegoberta A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Apelido do precursor do Rexurdimento autor do poema "Esperta, adorada Galicia" Comeza por B Título do poema que Curros Enríquez escribiu con motivo do nacemento dun fillo. Comeza por C Título do poemario rosaliano que inaugurou o Rexurdimento literario Comeza por D Recurso de repetición común nas cantigas de amor medievais Comeza por E Sinónimo de burla que designaba un tipo de cantigas medievais satíricas Comeza por F Título do segundo gran poemario en galego publicado por Rosalía Comeza por G Nome dun dos cabaleiros do rei Arturo que protagoniza a Materia de Bretaña Comeza por H Esta muller é unha das protagonistas das historias da Materia de Troia medieval Comeza por I Encargábanse da decoración dos códices medievais Comeza por L Figura retórica das cantigas de amigo que consiste en que o segundo verso da primeira cobra reaparece como primeiro da 3ª; o segundo da segunda como primeiro da 4ª e así sucesivamente. Comeza por M Persoas que acompañaban con instrumentos musicais ao xograr na interpretación das cantigas medievais. Comeza por N Estamento social do que adoitaban proceder os trobadores medievais. Comeza por O Forma medieval, común nas cantigas, para designar o exército. Comeza por P Figura retórica da lírica medieval que consiste na repetición, ben dunha ou varias palabras, ben dunha idea, en versos de estrofas diferentes. Comeza por Q Completa o inicio deste poema de Rosalía: "...... tanto, meniña/tívenche tan grande amor..." Comeza por R Termo que designa o retrouso ou repetición literal de versos no final de cada cobra nas cantigas medievais. Comeza por S Mulleres que acompañaban aos xograres e segreis na execución das cantigas coas súas danzas. Comeza por T Compositores das cantigas, que adoitaban pertencer á nobreza, ó clero ou mesmo á realeza, como D. Dinis ou Afonso X. Comeza por U Denominación medieval para as cobras que teñen a mesma rima. Comeza por V Pergamiño que contén as sete cantigas de Martin Codax. Comeza por X Intérpretes das cantigas compostas polos trobadores medievais. Comeza por Z Composición estrófica común nas cantigas se Santa María narrativas