Casares e o cineOnline version Os inicios do cine by Begoña Allegue Rodríguez 1 No capítulo VI da novela de Casares Ilustrísima o personaxe que dá nome á obra acude ao local de Barbagelatta para ver cos seus propios ollos o que alí ten lugar. Unha das proxeccións é a primeira película proxectada comercialmente para un público. De que película se trata? a Saída dos obreiros dunha fábrica Lumiére b O ferreiro c Demolición dun muro 2 Outras das proxeccións está considerada como a película que inagura a historia do cine español. De cal se trata? a Liorta nun café b Saída da igrexa de Santa María de Sans c Saída da misa de 12 do Pilar de Zaragoza 3 No local de Barbagelatta prodúcese o caos ante unhas imaxes que asombran ao público. De que imaxes se trata? a Afundimento dun barco b Chegada dun tren c Ataque dun can 4 Cal dos seguintes aparatos non se considera precursor do cinematógrafo? a Clepsidra b Estroboscopio c Zoótropo 5 Cal é a primeira curtametraxe galega rodada en 35 mm no ano 1975 e baseada nun conto de Méndez Ferrín? a O pai de Migueliño b Fendetestas c Retorno a Tagen Ata 6 Nove anos despois desta primeira curtametraxe, Chano Piñeiro filma unha curtametraxe que acada un grande éxito en diversos festivais. De cal se trata? a Sempre Xonxa b O camiño das estrelas c Mamasunción