New game
Download
Get Academic Plan
Share game
Integrate it into your platform

You can integrate the game into an LMS compatible with LTI 1.1 or LTI 1.3 such as Canvas, Moodle, or Blackboard. This way, the scores will be automatically saved into the platform’s gradebook.
Download
You have exceeded the maximum number of games you can integrate into Google Classroom with your current Plan.

To integrate as many games as you want in Google Classroom, you need an Academic Plan or a Commercial Plan.

You have exceeded the maximum number of games you can integrate into Microsoft Teams with your current Plan.

To integrate as many games as you want in Microsoft Teams, you need an Academic Plan or a Commercial Plan.

Downloading games is an exclusive feature for users with an Academic Plan or a Commercial Plan.

Get your Academic Plan or your Commercial Plan now and start integrating your games into your LMS, website or blog.

If you wish, you can download a demo game here and test its integration:

Ruleta definicións 2º Bacharelato

Alphabet

(1)
Played 12

About this activity

Actividade lúdica para repasar a teoría (definicións)

Created by

Spain

Download the paper version to play

Make your own free game from our game creator
Compete against your friends to see who gets the best score in this game

Top Games

%
Anonymous
Anonymous
%
%
%
You have exceeded the maximum number of games you can print with your current Plan.

To print as many games as you want, you need an Academic Plan or a Commercial Plan.

Print your game
Ruleta definicións 2º Bacharelato
 

Ruleta definicións 2º BacharelatoOnline version

Actividade lúdica para repasar a teoría (definicións)

by L
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Empieza por A

Unha empresa máis potente adquire a outra empresa con menor capacidade. A empresa que a adquire quedarase coa clientela da outra empresa, pero tamén debe asumir as súas débedas.

Empieza por B

É un estado contable no que se amosa o conxunto dos elementos que forman o patrimonio empresarial, debidamente ordenados en masas patrimoniais e valorados en unidades monetarias, nun momento concreto de tempo.

Empieza por C

É a parte proporcional do total das vendas que unha determinada empresa logra vender.

Empieza por D

Análise que permite estudar catro factores que caracterizan o plan de negocio, agrupados nos factores internos (fortalezas e debilidades) e os factores externos (oportunidades e ameazas).

Empieza por E

Rresumo conciso dun produto, servizo ou idea, deseñado para ser presentado de forma rápida e eficaz a un oínte nun período de tempo moi curto. Úsase para captar rapidamente a atención da outra persoa e xerar interese no que se presenta.

Empieza por F

A unión entre dúas ou máis empresas para crear unha nova. A empresa A xunto con outra empresa B xeran una nova empresa C coas características de ambas. Así, logran ampliar a cota de mercado, a capacidade produtiva e o poder de mercado.

Contiene la G

Proceso que consiste en dividir e organizar os posibles consumidores dun ben ou servizo en grupos homoxéneos tendo en conta unha serie de necesidades, características, comportamentos e actitudes que teñen en común.

Empieza por H

Son específicas, medibles e ensinables e requírense para un determinado traballo ou tarefa. Pódense aprender a través da educación, a capacitación ou a certificación

Contiene la I

Con este tipo de pensamento, pódense xerar ideas e desenvolver diferentes solucións para un mesmo problema. Implica creatividade.

Empieza por J

Acordo temporal de curto, medio ou longo prazo entre dúas o máis empresas para levar a cabo un negocio ou un proxecto de forma conxunta.

Empieza por L

É un dos factores que máis inflúen nunha empresa á hora de desenvolver a súa actividade e alcanzar obxectivos. Permite á empresa ter vantaxe competitiva. Nela inflúen diversos aspectos, como os industriais e os comerciais.

Empieza por M

Ferramenta que permite personalizar, caracterizar e coñecer ao prototipo de cliente da empresa. É un lenzo que se divide en seis partes e en cada unha inclúense preguntas sobre o consumidor que se deben de responder para coñecer mellor que necesita.

Empieza por N

Segmento específico de clientes con necesidades e características particulares que poden ser atendidas de maneira especializada por unha empresa.

Contiene la Ñ

Criterio que empregado para clasificar as empresas dependendo fundamentalmente do seu número de traballadores, pero tamén da súa facturación anual e dos activos totais.

Empieza por O

Estratexia empresarial que consiste en buscar un espazo de mercado inexplorado, onde a competencia é mínima ou inexistente, en contraposición a aqueles mercados saturados e altamente competitivos.

Contiene la P

Análise que se centra no entorno macroeconómico da empresa cuxa función principal é analizar se o posible entorno xeral dunha empresa sería favorable para o desenvolvemento da súa actividade.

Contiene la Q

Compara o activo corrente co pasivo corrente. Tamén se coñece como ratio de fondo de maniobra ou de solvencia a curto prazo.

Empieza por R

Integración activa e voluntaria por parte das empresas das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores, a plantilla, os accionistas, os inversores, os consumidores, o sector público.

Empieza por S

Estratexia baseada nun enfoque integral para a resolución de problemas e a toma de decisións de contextos empresariais e organizacionais. Esta estratexia implica empregar 7 aspectos diferentes, cada un dos cales representa unha perspectiva distinta.

Contiene la T

Indica a capacidade da empresa para liquidar as súas débedas a curto prazo, tendo en conta o realizable e o dispoñible. Tamén se coñece como proba ácida.

Contiene la U

A maior parte dos servizos ofrécense sen coste algún, aínda que existe un pequeno paquete de servizos de pago (prémium) para algúns clientes que queren desfrutar de mellores condicións.

Empieza por V

Forma de comunicación que se basea no uso de imaxes, gráficos e diagramas para expresar e organizar ideas, conceptos e procesos. Permite ás persoas representar visualmente os seus pensamentos e facilita a comprensión.

Contiene la X

Criterio que clasifica ás empresas segundo o seu ámbito de actuación, é dicir, a zona territorial onde a empresa realiza a súa actividade principal. Así, segundo este criterio poden ser locais, rexionais, nacionais, internacionais ou multinacionais.

Contiene la Z

Ferramenta deseñada para analizar o nivel de competencia dentro dun sector a partir de 5 factores: o poder de negociación dos clientes e provedores, a ameaza de novos competidores ou produtos substitutivos e a rivalidade entre competidores.

Are you sure you want to leave the page?

If you leave the page, you will lose your game progress.