A SAÚDE 3º-4º REPASOOnline version Repaso da unidade da saúde para o alumnado de 3º e 4º de primaria by Espiñeira Espiñeiriña Aldán 1 Que é saúde? Escolle unha ou máis respostas a Estado de benestar físico. b Estado completo de benestar físico e mental. c Estado completo de benestar físico, mental e social. d Todas son correctas. 2 A enfermidade pode manifestarse mediante uns sinais que denominamos: Escolle unha ou máis respostas a Síntomas. b Signos. c Infeccións. d Reaccións. 3 Algúns síntomas son: Escolle unha ou máis respostas a Tose. b Mareo. c Dor. d Ningunha é correcta. 4 As enfermidades infecciosas están producidas por: Escolle unha ou máis respostas a Cansazo e fatiga. b Bacterias e protozoos. c Virus e fungos. d Feridas. 5 Os antibióticos son uns medicamentos que serven para curar enfermidades provocadas por: Escolle unha ou máis respostas a Virus. b Caídas. c Fungos. d Bacterias. 6 Son exemplos de enfermidades non infecciosas: Escolle unha ou máis respostas a Sarampelo. b Artrose. c Infarto. d Gripe. 7 Debemos lavar ben as mans: Escolle unha ou máis respostas a Antes de comer. b Se tocaches algún animal. c Despois de ir ao baño. d Todas son correctas. 8 Non debemos camiñar descalzos por piscinas e vestiarios, é doado contaxiarse dalgunha enfermidade producida por: Escolle unha ou máis respostas a Virus. b Bacterias. c Fungos. d Todas son correctas. 9 Na base da pirámide alimentaria atopámonos: Escolle unha ou máis respostas a Cereais. b Carne. c Auga. d Gominolas. 10 Na punta da pirámide están os alimentos: Escolle unha ou máis respostas a Que debemos tomar diariamente. b Que debemos tomar case todos os días. c Que debemos tomar en moita cantidade. d Que debemos tomar poucas veces. 11 Na parte media da pirámide están uns alimentos que nos aportan moitas vitaminas, son: Escolle unha ou máis respostas a Froitas e verduras. b Carne e peixe. c Leite e queixo. d Cereais e pasta. 12 Son hábitos saudables: Escolle unha ou máis respostas a Comer tres veces ao día. b Comer cinco veces ao día. c Durmir menos de oito horas. d Durmir entre oito e dez horas. 13 Son hábitos saudables: Escolle unha ou máis respostas a Ter unha dieta equilibrada. b Practicar algún deporte. c Protexer do sol a túa pel. d Ningunha é correcta. 14 Para levar unha dieta equilibrada é importante: Escolle unha ou máis respostas a Non abusar dos doces. b Comer moitas froitas e verduras. c Tomar abundante auga. d Todas son correctas.