1ºESO:InvertebradosOnline version Test repaso by Sonia Bermúdez Couceiro 1 O tipo celular dos invertebrados é... a procariota b eucariota vexetal c eucariota animal d autótrofa 2 O grupo de invertebrados que presenta apéndices articulados é a artrópodos b bivalvos c poríferos d anélidos 3 Por que os bivalvos teñen ese nome? a porque teñen dúas cunchas b porque teñen dúas pezas formando a cuncha c porque non teñen a cabeza diferenciada d ningunha é correcta 4 A principal diferenza entre anélidos e nematodos é a os nematodos teñen o corpor dividido en aneis b non hai diferenzas entre ambos grupos c os anélidos teñen o corpo rematado en punta d os anélidos teñen o corpo dividido en aneis e os nematodos non 5 O aparato ambulacral... a é propio dos equinodermos b a súa función é o movemento do organismo c presenta pés ambulacrais d todas son correctas 6 O exoesqueleto... a é unha estrutura propia dos artrópodos b está composto por quitina c os artrópodos deben mudalo para crecer d todas son correctas 7 A respiración nos moluscos é a branquial b traqueal ou branquial c pulmonar d branquial ou pulmonar 8 A simetría dos cnidarios é... a radial b bilateral c non ten simetría d bilateral ou radial segundo o grupo 9 Os cnidoblastos son células paralizantes... a propias dos poríferos b propias dos cnidarios c propias dos invertebrados d ningunha é correcta 10 A clasificación completa dun saltón é... a animal, invertebrado, insecto b animal, artrópodo, insecto c animal, invertebrado, artrópodo, insecto d animal, insecto