11-F: MULLER GALEGA NA CIENCIAOnline version Actividade creada para o alumnado de quinto de E.P., no contexto da materia de Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais do Grao en Mestra/e de Educación Primaria da USC. Prof. Dr. Ramón Cid Manzano Realizado en abril de 2020 por Xurxo Varela Otero. by Xurxo Varela A B C D E F G H I J L M N O P R S T V W X Z Comeza por A (__________) Ferrín, matemática e astrónoma nada en Ourense. Comeza por B Profesión de Aída Fernández Ríos, membro da Real Academia Galega de Ciencias. Comeza por C María Tarsy (______), científica pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada-húmida de España. Contén D (Contén D) Cidade galega na que naceu Alicia Estévez Toranzo, científica especializada nas patoloxías que afectan a os peixes (ictiopatoloxías). Comeza por E Ángela Ruíz Robles foi precursora do libro... Comeza por F Ramona Vaamonde foi doutora en (______), destacando no ámbito da microbioloxía. Contén G (Contén G) Profesión (en feminino) de Ángeles Alvariño, consistente no estudo dos animais. Comeza por H Á parte de farmacéutica, outra das actividades nas que destacou Eugenia Pereira (consistente na prevención de enfermicades bucodentais) Comeza por I María Wonenburger foi unha matemática que exerceu de (_______) científica nos EEUU e o Canadá. Comeza por J María (____) Alonso, farmacéutica catedrática e espacializada no campo das nanopartículas como vahículo de madicamentos. Comeza por L Provincia na que naceu Ángela Ruíz Robles, limítrofe con Galiza. Comeza por M Farmacéutica vivariense, primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela no 1901. Contén N (Contén N) Apelido da primeira muller titulada en Medicina en Galiza, nada en Baltar (Ourense). Comeza por O Nome de pila da primeira galega titulada en medicina en Galiza. Comeza por P Parroquia na que naceu Isabel Zendal, enfermeira e reitora do Hospital da Caridade da Coruña. Levou a vacina da varíola a territorios españois de ultramar. Comeza por R Doutora en Farmacia que destacou no eido da microbioloxía. Naceu en Santiago de Compostela. Comeza por S Lugar onde naceu Ángeles Alvariño, zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo da investigación oceanográfica global. Comeza por T Alicia Estévez (_____), científica galega especializada en enfermidades que afectan aos peixes. Comeza por V Begoña (___), astrofísica viguesa especializada no estudo de galaxias espirais. Traballou para a NASA e a Axencia Espacial Canadense. Comeza por W María (________), experta matemática en álxebra, nada en Montrove (Oleiros, A Coruña). Comeza por X Olimpia Valencia, científica de Baltar (Ourense), foi especialista en... Comeza por Z Apelido da enfermeira ordense que foi reitora do Hospital da Caridade da Coruña.