Os traballosOnline version Neste pasapalabra terás que adiviñar diferentes traballos dos diferentes sectores de produción. Podes axudarte de internet. by Lorena Fariña A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Persoa encargada de deseñar edificios. Comeza por B Persoa que se encarga de vixiar e atender nunha biblioteca. Comeza por C Persoa que se encarga de vixiar as entradas e saídas de algún edificio e outras tarefas administrativas (pista: no cole, Tere) Comeza por D Persoa que dirixe algún proxecto. Comeza por E Persoa que coida dos pacientes nos hospitais. Comeza por F Persoa que vende froita na súa tenda. Comeza por G Persoa que coida animais de granxa. Comeza por H Persoa que estuda a historia. Comeza por I Persoa encargada de arranxar ordenadores Comeza por L Persoa que atende aos clientes dunha librería. Comeza por M Persoa que atende, coida e cura ás persoas enfermas. Comeza por N Persoa deportista que se desplaza pola auga. Comeza por O Persoa que traballa nunha oficina Comeza por P Persoa que se encarga de conseguir peixe para a alimentación. Comeza por Q Persoa encargada de facer experimentos con elementos químicos. Comeza por R Persoa que se encarga de repartir produtos a tendas, domicilios... Comeza por S Persoa que se encarga de unir metais na construcción. Comeza por T Persoa que atende chamadas telefónicas para atender á xente. Comeza por U Médico especialista no sistema excretor ou urinario. Comeza por V Médico dos animais Comeza por X Persoa que xulga ás persoa para facer xustiza. Comeza por Z Persoa encargada de fabricar e arranxar zapatos.