HistoriaOnline version Tes de historia para o 3º ciclo de E.P. by XOSÉ DUYOS VÁZQUEZ 1 Cal foi o primeiro homínido? a Homo Antecessor b Home de Neanderthal c Homo Habilis d Australopithecus 2 Cal foi o avance máis importante no Neolítico para a humanidade? a A utilización do lume. b O descubrimento da roda. c A agricultura e a gandeiría. d A pedra pulimentada. 3 Os castros eran... a Aldeas nas que os castrexos vivían habitualmente. b Poboados defensivos para refuxarse en caso de ataques. c Poboados para pasar determinadas épocas ao ano. d Lugares sagrados para os castrexos. 4 A romanización foi... a O proceso de asimilar a lingua e a cultura romanas. b O resultado de aprender o latín. c A técnica romana para facer pontes e acueductos. d O proceso de conquista de Galicia polos romanos. 5 Que pobo xermánico ocupou Galicia no s. V e creou o 1º reino de Galicia? a Os vándalos b Os visigodos c Os suevos d Os alanos 6 Que é o feudalismo? a Unha ideoloxía política da Idade Media b O sistema de organización da sociedade na Idade Media c Unha herexía relixiosa d Un xogo moi popular na Idade Madia 7 Que nova clase social aparece a partir do s. XII? a O campesiñado b Os servos c A burguesía d O clero 8 Que pobo procedente do norte de África invadiu a Península Ibérica no 711? a Os vándalos b Os servos c Os musulmáns d Os visigodos 9 O Camiño de Santiago... a Era unha ruta medieval de carácter relixioso. b Era unha ruta medieval de carácter cultural. c Era unha ruta medieval de carácter turístico. d Era unha ruta medieval de carácter feudal. 10 No 1492 Cristóbal Colón descubriu... a A China b América c O astrolabio d A imprenta