Febre (de Héctor Carré). Online version Test de lectura de "Febre" (novela de Héctor Carré). by Revolta da freixa 1 Algunhas mulleres do barrio para chamarlle marimacho a Carmucha din que... a cospe por riba dos cairos b mexa de pé c xura coma un carreteiro 2 Segundo o vello narrador, as películas acabaron... a co rezo en familia b coas historias contadas na lareira c coa decencia pública 3 O personaxe de Carmucha caracterízase por... a ser ben mandada e non responder nunca b ser unha revirada de moito pistón c ser rebelde e non baixar a cabeza 4 Ao cabo Marelo execotouno... a un contrabandista b un maquis c Carmucha 5 Na época do volframio o poder político sustentábase... a na forza das armas b na forza dos votos c na forza dos caciques 6 O avó narrador ten unha idade... a que pasa dos oitenta anos b que non se sabe c que non quere recoñecer 7 Matías, o pai de Carmucha, fora un militante... a de esquerdas b dun grupo miliciano c de dereitas 8 Carmucha, a protagonista de "Febre", é... a unha moza de 17 anos b unha monxa disfrazada c unha tola do monte 9 A protagonista do relato vive na vila de... a Noia b Porto do Son c Vilagarcía 10 O pai recoméndalle a Carmucha que non se xunte con Félix porque... a anda detrás da súa fortuna b é o fillo dos caseiros e sempre foi roxo c é un cabestro sen sentidiño 11 Carmucha formaba parte do corpo docente que impartía os cursos... a de formación profesional b do Servicio Social c de cristiandade 12 Arredor do volframio desenvólvese... a unha loita de espías b a loita contra a corrupción c a especulación urbanística 13 O tema central da novela "Febre", de Héctor Carré, é... a o contrabando de volframio b a vida nunha pequena vila c a vida no campo 14 A voz narradora da novela "Febre" vén sendo... a unha testemuña b un dos protagonistas c o autor 15 Carmucha consideraba que seu pai era un home... a malpocado b atrasado c derrotado 16 O cabo Marelo é un home... a corrupto e desapiadado b ríxido e protocolario c cumpridor do seu deber 17 A acción da novela desenvólvese... a no século XIX b na ditadura de Primo de Rivera c nos anos 40 do século XX 18 A novela é un relato oral que lle conta... a o xenro á sogra b o avó á neta c a protagonista ao mozo 19 Na época descrita na novela, as mulleres... a non fumaban b non saían da casa c non tiñan mozo 20 Na época relatada aparece unha nova medicina que serve para curar infeccións. Chámase... a penicilina b sulfamidas c serotonina