A civilización gregaOnline version Querid@s, chegou o momento de ver todo o que aprendestedes sobre a Grecia da antigüidade. Lede ben e respostade mellor. by Tiano Ling 1 A que civilización prehelénica pertence o Palacio de Cnossos? a Micénica. b Doria. c Cretense. 2 A cronoloxía da Grecia antiga é a seguinte: a Época arcaica, época helenística, época escura e época clásica. b Época escura, época arcaica, época clásica e época helenística. c Época escura, época clásica, época arcaica e época helenística. 3 O edificio público no que se reunía a asemblea de cada polis recibe o nome de: a Acrópole. b Stoa. c Bouleterion. 4 O sistema de goberno no que o poder reside nas mans dunha minoría de cidadáns ricos chámase: a Democracia. b Oligarquía. c Tiranía. 5 Que é unha metrópole? a A colonia que creaba novas polis. b A cidade grega ou polis que fundaba colonias noutros territorios. c A colonia coa que os gregos facían intercambios comerciais. 6 Que nome recibe o territorio da Grecia da antigüidade? a Magna Grecia. b Hélade. c Macedonia. 7 En que batalla das guerras médicas o rei persa Xerxes logrou a conquista do norte de Grecia? a Batalla de Maratón. b Batalla de Salamina. c Batalla das Termópilas. 8 Quen se enfrontou nas guerras do Peloponeso? a Atenas e Corinto. b Atenas e Esparta. c Esparta e Tebas. 9 Que polis era a que lideraba a Liga do Peloponeso? a Esparta. b Corinto. c Atenas. 10 O sistema democrático era propio de: a Esparta. b Atenas. c Ningunha das dúas. 11 En Esparta a elaboración de leis e a administración de xustiza eran tarefas propias da: a Ekklesía. b Xerusia. c Apella. 12 Con que rei iniciou a súa expansión o reino de Macedonia? a Alexandre Magno. b Pericles. c Filipo II. 13 En que guerras conseguiron os romanos o control da Grecia antiga? a Guerras médicas. b Guerras macedónicas. c Guerras helénicas. 14 En Atenas os estranxeiros pertencían ao grupo dos non cidadáns e tamén eran coñecidos como: a Periecos. b Escravos. c Metecos. 15 O espazo reservado ás mulleres no fogar é o: a Andrón. b Ágora. c Xineceo.