PASAPALABRA MASTERPRO LUSOFONÍAOnline version Pasapalabra de nivel masterpro elaborado polo alumnado de 2º ESO A do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), no marco do Proxecto Interdisciplinar da Lusofonía, para poñer a proba os nosos coñecementos, como galegas e galegos, de portugués e sobre a cultura lusófona. Ollo coa escrita! by Lingua Azul A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z Começa com A País da costa oeste de África de lingua oficial portuguesa, cuxo territorio principal está limitado ao norte e a o nordeste pola República Democrática do Congo e cuxa capital é Luanda. Começa com B Tacto dos beizos sobre outra persoa ou obxeto, que na cultura occidental se considera un xesto de afecto. Começa com C Apelido do poeta portugués do século XVI, considerado un dos maiores da Humanidade e autor da epopea "Os Lusíadas". Começa com D Levantar o voo un avión. Começa com E Apelido da cantante caboveridana de nome Cesária coñecida como a raíña da morna. Começa com F Dise do día non laboral ou non lectivo. Começa com G Vila portuguesa e título da canción de José Afonso que se converteu no himno da “ Revolución dos cravos”. Começa com H Signo utilizado para dividir palabras en sílabas, separar palabras compostas, introducir un texto dialogado, etc. Guión. Começa com I Nobre de orixe galega, amante do rei Pedro I de Portugal, que foi asasinada e coroada raíña após a morte. Começa com J Poder para aplicar o dereito que rexe as relacións entre as persoas, e exercicio dese poder. Contém K Festival anual de batukada celebrado en Compostela e organizado pola asociación cultural Trópico de Grelos. Começa com L Roupa de cama de tecido fino que se coloca por encima do colchón e baixo as mantas. Começa com M Dise de quen non ten cordura, xuízo. Tolo. Começa com N Vila portuguesa que pertence ao distrito de Leiria, coñecida polas súas praias de grandes ondas para practicar o surf. Começa com O Fritada de ovos batidos á que se lle poden engadir temperos ou outros ingredientes. Começa com P Cor da noite. Negro. Começa com Q Dise daquilo que se fai todos os días. Rotineiro. Começa com R Cada unha das comidas diarias. Começa com S Cantante portugués gañador do festival de Eurovisión de 2017 coa canción «Amar pelos dois». Começa com T Conxunto de alumnos e alumnas que forman parte da mesma clase. Começa com U Emitir un son agudo e prolongado os lobos ou os cans. Ouvear. Começa com V Municipio portugués unido coa vila galega de Tui mediante unha ponte que cruza o río Miño. Começa com W Nome do profesor titular da universidade de São Paulo apelidado Do Nascimento Barbosa, coñecido polas súas investigacións e traballos sobre a cultura negra en Brasil e o racismo na sociedade. Começa com X Movemento que pon fin a unha partida de xadrez. Contém Y Apelido do arquitecto brasileiro de nome Óscar, de gran influencia internacional e deseñador da moderna cidade de Brasília. Começa com Z Nome co que é popularmente coñecido o cantautor portugués que se converteu no símbolo para o pobo da protesta antifascista.